«As Novas Armas da Nosa Causa»
Noticia publicada o 20 de xaneiro de 1920 en Notícias Real.
O día amenceu radiante e dende cedo moita xente concentrouse na praza de diante dos Reais Talleres de Armamento. En tres vehículos militares, chegaron membros da Xunta de Goberno do Reino, que tomaron asento na tribuna situada nun lateral da praza.
Ás 10 da mañá, soaron festivamente as campás de todas as igrexas do Porto e abriuse a porta das Oficinas, pola que saían seis mechas, un tras outro, decorados con lazos azuis e brancos. As máquinas aterradoras avanzaron, camiñando sobre as súas seis patas articuladas, e detivéronse na tribuna. O arcebispo de Braga, debidamente vestido, acompañado do sancristán, que levaba o caldeiro, mergullou o hisopo na auga bendita, e asperxeu, facendo o sinal da cruz, unha a unha, as seis máquinas.
Desde o alto da tribuna, o presidente da Xunta de Goberno do Reino fixo un breve discurso:
«Pobos de Porto, acabades de ver as novas armas que defenderán a nosa Causa, agora consagrada con bendición divina e disposta a actuar. Non tardaremos en recuperar o control de Portugal, que nos acompaña dende Afonso Henriques, vencendo aos republicanos e restablecendo as nosas tradicións centenarias. ¡Viva El-Rei!»
E a xente congregada na praza repetiu varias veces, con entusiasmo: «¡Viva El-Rei!».
Baseado no Universo Winepunk. /Inspired by the Winepunk Universe.
Comentarios