«Conmemoración dos 8 anos da proposta da creación da Rexión Galaica (e agora Céltica) coa publicación dun mapa histórico»
Noticia publicada no xornal Mar do Norte o 17 de xuño de 1929
Hoxe inaugurouse o mapa oficial da Rexión Galaica, de Dantín Cereceda, que houbera presidido os edificios administrativos do governo que caseque fora creado. Con este acto, era pretendido lembrar todo o traballo para facer realide un novo Estado.
Como é sabido, dende que Leonardo José Coimbra visitou a Coruña o 7 de Setembro de 1921, selouse públicamente un pacto de irmandade entre Galicia e Monarquía do Norte (Portugal) xa impulsada pola sociedade civil, e diversas institucións galeguistas e portuguesas do norte. A pretensión era a creación da Rexión Galaica, como un novo país apoiado polo Reino do Norte de Portugal, e logo dunha intensa relación previa co grupo de intelectuais que lideraban a súa constitución, o Grupo Nós, especialmente con Vicente Risco, na Galiza.
Hai que destacar tamén o impulso que tivera levado as Irmandades da Fala (fundada en 1916), rede de agrupacións político-culturais que ten como elemento fundamental a propaganda e o emprego intensivo do idioma galego, que comeza a exercerse regularmente na prosa narrativa (relato e novela), na prosa non ficcional (artigo, ensaio, textos didácticos e informativos), na oratoria pública e no discurso formal. Por parte dos autores, destacan figuras como V. Risco (1884-1963), R. Otero Pedrayo (1888-1976) e, sobre todo, A. Rodríguez Castelao (1886-1950). No grupo dos axentes de difusión cultural, destacan periodicos como A Nosa Terra (1917-36), revistas como Nós (1920-23, 1925-35), o Seminario de Estudos Galegos (1923-36), e o Partido Galeguista, fundado en 1931.*
A pesar do cataclismo de 23 de abril de 1922, polo que desapareceu Galicia tal e como existía, as illas resultantes reivindican a súa autonomia pero con unha especial sinerxia con Portugal, país co que ten fonda raigame, nun espazo natural e vital inconmensurable. Unha idea, tamén apoiada por intelectuais como Fernando Pessoa, Emilia Pardo Bazán, ou Castelao, cuxo debuxo Na Veira do Miño, publicado en 1920, ten servido como logotipo e chamada á movilización e reivindicación. A coincidencia cun dos fitos do proceso de independencia irlandesa, o «Levantamento de Pascua», en 1916 (rebelión armada contra a autoridade británica que conduciu á independencia do país, en 1922), leva a moitos intelectuais que moran agora nas illas a reivindicar que os inícios de estabelecer acordos especiais con Portugal, sexan tamén extendidas á República de Irlanda. Debe lembrarse que segundo o Lebor Gabála Érenn, Libro das Conquistas de Irlanda, recopilación escrita das lendas orais feitas por monxes irlandeses no século XI, a invasión dos «Fillos de Mil» dende «Brigantia» (Brigantium) (A Coruña) en Galicia, fundada por Breogán, foi a última das invasións celtas que gobernaría Irlanda que mantiveron o seu poder ata a chegada dos normandos no século XII, de historia e cultura compartida, e de cultura celta (foi dende Galicia de onde chegou a estirpe celta á illa). Cicáis poderia constituirse unha «Rexión Céltica» formada por Galicia, Portugal e Irlanda.
*N. da E.: Para o interese dos lectores actuais da Enciclopedia, decidiuse incluír as datas de falecemento das figuras históricas mencionadas, así como a fundación e o peche formais dos xornais.

Consello da Cultura Galega (online). Leonardo Coimbra. http://epistolarios.consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=26770
Consello da Cultura Galega (online). 1916-1950. “Xeración Nós”: El rayo transparente. https://consellodacultura.gal/especiais/loia/historia.php?id=86&idioma=3
Dantín Cereceda, J. (1929). Península Ibérica, en Granger, E., Dantín, J. & Izquierdo, J. (eds.). Nueva Geografía Universal, Madrid. Tomo III, 372, citado en: Trillo Santamaría, J. M., & Garcia, J. (2015). Galicia-Minho: el cuestionamiento de una frontera. Debates en el discurso geográfico ibérico. Revista de Historiografía, 23.159-189. https://repositorio-aberto.up.pt/handle/10216/81697
Real Academia Galega (2014). Castelao Ilustrador. https://academia.gal/-/castelao-ilustrador
Comentarios