Sandra Maria Teixeira, a Propagandista da Monarquía do Norte
Sandra Maria Teixeira foi a xenialidade detrás das estratexias de propaganda e publicidade da Monarquía do Norte, durante a Guerra Winepunk. Filla maior do conde de Castelo Caído, comerciante progresista elevado a aristócrata, Sandra Maria Teixeira estudou en Viena, e estivo preto de Edward Bernays, sobriño de Sigmund Freud que, tristemente, sería coñecido como un pioneiro da publicidade moderna do tabaco. Cando comezou a Monarquía do Norte, a Mesa reclutouna para coordinar o equipo de propaganda e publicidade das forzas monárquicas. Sandra Maria Teixeira aceptou coa condición de ter total liberdade creativa. Os seus carteis publicitarios estilo flapper para diversos produtos vitivinícolas fixéronse famosos, establecendo unha identidade visual que sobreviviu á desaparición da Monarquía do Norte. Os seus carteis son hoxe coleccionables, apreciados pola súa delicadeza e sensibilidade que agochan unha poderosa manipulación psicolóxica.
Comentarios