Rosa Ricoy

«A renascença da Unión Galaico-Portuguesa»

1919

Noticia publicada no xornal Mar do Norte o 02/04/1919

«A renascença da Unión Galaico-Portuguesa»

Leonardo José Coimbra, un dos fundadores do movemento «Renascença Portuguesa», e nun dos seus primeiros actos como Ministro de Instrucción Pública portuguesa, fixo pública en Galicia a súa intención de selar nos próximos anos un pacto de irmandade entre Galicia e a Monarquía do Norte (Portugal) coa pretensión de crear a «Rexión Galaica» como un novo país apoiado polo Reino do Norte de Portugal. Pero antes, propón a Galicia, a recuperación do «Couto Mixto»[1] como lugar dinamizador da cultura compartida entre Galicia e Portugal para «a renascença da Unión Galaico-Portuguesa».

Leonardo José Coimbra abriu o seu discurso cunha frase dunha das súas obras mais líricas, singulares e por moitos coñecida («A Alegria, a Dor e a Graça» de 1916): «Como é belo este mundo de distâncias e separações! Que perda não seria reduzir tudo a uma simples unidade possuindo-se!»[2]. Seguidamente se pregunta por qué non criar novamente o «Couto Mixto», como espazo de soberania compartida entre Portugal e Galicia, como unha unidade possuindo-se!

Un dos mapas elaborados por José de Castro en 1863 a partir do recoñecemento realizado en 1862 da fronteira entre Galiza e Portugal (folla n.º 2, parte 1.ª Croquis de una parte de la Frontera entre la Provincia Española de Orense y Portugal, desde el punto en que el Río Miño deja de ser raya hasta el denominado Castillo de Sandín elaborada a escala c. 1:100.000 para o Tratado de Lisboa[3].

Este espazo do Couto Mixto, podería continuar sendo de soberania compartida por España e Portugal (como se fixo ata 1864), de xeito semellante á Illa dos Faisáns[4] (que dende o 7 de xuño de 1660 é de soberania compartida entre España e Francia). Leonardo José Coimbra propón a construcción dun centro cultural no Couto Mixto que lembre a fonda raigame entre Galicia e Portugal, de raíces, cultura, tradicións e mesmo história xurídico política común. Debe lembrarse o pasado céltico común, e que no século III d.C.a provincia de Gallaecia (romana) abarcaba tanto o actual território de Galicia como o norte de Portugal ata o río Douro. Trala caída de Roma, os suevos estableceron un dos primeiros reinos medievais de Europa neste território común con capital en Braga (séculos V-XI). Alfonso Henriques proclamou-se rei de Portugal no século (XII), separando os territórios, pero a pesar da división política, a cultura e a língua galaico-portuguesa se mantivo unida durante séculos e un exemplo foi o Couto Mixto. A partir de 1169 quedará fixado, no fundamental, o que será o limite xurídico-político entre Galicia e Portugal, pero as fronteiras dos países son froito da historia máis que da natureza, as fronteiras naturais axudan a precisar os limites políticos (tal é o caso do río Miño), pero foi consecuencia de feitos militares e para separar dúas monarquias, e non pola xente común, que non tiña interese nas devanditas loitas fronteirizas. As fronteiras entre monarquias medievais incidiu pouco no tecido social, a súa debilidade demarcadora garda relación coa debilidade do poder real feudal: algúns nobres actúan ás veces como si fosen súbditos de dous reis; igrexas e monasterios galegos mantiñan relación e recibían donacións indistintamente do rei de Castela (España) e o rei de Portugal; e nas guerras dos séculos XIV e XV existiron bandos portugueses nos reinos de Catela e Portugal, e bandos casteláns no reino de Portugal. En 1462 o rei de Portugal, Alfonso V visita o Miño, concedendo cartas de privilexios ás localidades fronteirizas galegas que o solicitaron perante él.

Unha cousa é a fronteira política, e outra a fronteira social. Ata o século XIV, o galaico-portugués era unha soa língua romance empregada tanto para a fala cotiá como para a lírica culta (como as Cantigas de Santa María). Tras a separación política, a língua no sur convertiuse no português, e no norte no galego, con forte influencia do castelán. Entre 1581 e 1640, a coroa portuguesa estivo unida á española, o seu que ambos os territorios formaron parte da mesma estrutura política, o que se coñeceu como a «Unión Ibérica» ou «Dinastía Filipina». Malia que a fronteira se consolidou nos séculos posteriores, a permeabilidade cultural e económica sigue sendo forte, especialmente na «RAIA» (fronteira) galego-portuguesa.Estos son algúns exemplos polos que no seu discurso, Leonardo José Coimbra quere revalorizar a identidade compartida nun espazo propio, que ten historia propia, como o «Couto Mixto».  

Cicáis algunha conmemoración futura recoñeza esta creación no futuro (pensemos por exemplo nunha Universidade inventada no sur de Galicia que pudiera chamarse «Universidade de Vigo». Cicáis esta herencia se canalice a través dunha entidade xurídica importante e recoñecida en Europa, que podería por exemplo chamarse a «Eurorregión Galicia-Norte de Portugal», para promover a cooperación económica, académica e cultural, tratando de diluir novamente unha fronteira que, históricamente, sempre foi porosa. Sexa como fose, animo a ambos Estados a:

criar novamente o «Couto Mixto»,

como espazo de soberania compartida entre Portugal e Galicia,

 como unha unidade possuindo-se!




[1] Couto Mixto (en galego); Coto Mixto (en castellano); Couto Misto (en portugués): foi un microestado independente de 26,9 situado na fronteira galego-portuguesa (Ourense), no valle del río Salas (numerosos autores sinalan que a súa orixe se atopa na Baixa Idade Media, en torno ao século XII), e que funcionou con leis propias ata o 29 de setembro de 1864 cando se anexionou ao reino español co Tratado de límites desde a desembocadura do Miño ata a unión do río Caya co Guadiana entre España e Portugal. Era considerado intermedio e interdependente entre España e Portugal, de aí o nome de mixto. Esta denominación recóllese, por exemplo, no catastro do Marqués da Ensenada, nas súas referencias ao pobo de Meaus como «mixto indivisible de las dos coronas, España y Portugal» (AGS, CE, RG, L 217, 075, fol. 278r-278v. [Catastro Marques de la Ensenada, San Lorenzo de Tosende]). Contaba con certos privilexios e foros que lle outorgaban independencia económica e de autogoberno (incluso o “Camiño Privilexiado”, unha vía de comunicación pola que os seus habitantes tiñan total liberdade de mobilidade, sen que as autoridades portuguesas ou galegas os puidesen deter ou revisar as súas cargas), podían escoller que nacionalidade querían ter, se portuguesa ou española, e que contaba cun «xuíz de honra» propio. Sobre estas infraccións pódese consultar, entre outros: Brandón, D. M. (1907): Historieta del Coto Mixto con una digresión política-social-religiosa, A Coruña, Tierra Gallega; García Mañá, L.M. (1988): La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense, Boletín Auriense, Anexo 11. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense; Lorenzo, J. M. G. (2023). El Couto Mixto, una aproximación historiográfica. Minius, (28), 75-99; Lorenzo, J. M. G. (2023). El Couto Mixto, una aproximación historiográfica. Minius, (28), 75-99. – Passar para «Referências»

[2] Morujão, A. F. (1983). Obras de Leonardo Coimbra. Porto. Vol. I, p.421.

[3] Tamén coñecido como Tratado de Lindes de Lisboa, asinado o 29 de setembro de 1864, onde se estableceron os lindes das fronteiras entre España e Portugal actualmente vixents. Neste Tratado firmou-se a desaparición do Couto Mixto, que quedo integrado en España a cambio dos «Pobos Promíscuos» (aldeas nas que parte das súas casas estaban situadas na antiga liña fronteiriza hispano-portuguesa, servindo de burladeiro aos seus moradores perante as autoridades governativas e alfandegarias de êmbolos dous países, ao non estar clara a súa pertenza exclusiva a un deles) de Cambedo, Soutelinho da Raia e Lama de Arcos, que se cederían a Portugal. O Tratado foi ratificado por España e Portugal en 1865. O documento de entrega e posesión formalizou-se en Santiago (Calvos de Randín) o 23 de xuño de 1868. A vixencia do tratado comezou o 5 de novebro de 1868. No seu artigo 27 se recolle: «sobre a nacionalidade dos habitantes dos pobos promíscuos e do Couto Mixto».

[4]  A illa dos Faisáns (en castelán: Isla de los Faisanes, conocida históricamente como L’Ile de la Conférence) foi no terreo neutral do río Bidasoa onde se asinou o Tratado dos Pireneos en 1659 e que foi ratificado pola asemblea real o 7 de xuño de 1660. Alí, ademais de confirmar a paz entre os dous estados, formalizouse o matrimonio de Luís XIV coa infanta María Tareixa de Austria. A illa conserva unha característica única derivada deste tratado: é o condominio máis pequeno do mundo, onde a soberanía se comparte entre España e Francia, países que alternan a súa administración cada seis meses (a primeira metade por España e a segunda por Francia). En 1861 erixiuse un monolito na illa para conmemorar a sinatura do tratado en ambas as linguas.

@José de Castro López (1863) / Em domínio público (Public domain)
Inspirado en eventos ou persoas reais
Referencias

Leonardo José Coimbra: Leonardo Coimbra – Wikipédia, a enciclopédia livre

Renascença Portuguesa: Renascença Portuguesa – Wikipédia, a enciclopédia livre

Couto Misto: Brandón, D. M. (1907): Historieta del Coto Mixto con una digresión política-social-religiosa, A Coruña, Tierra Gallega; García Mañá, L.M. (1988): La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense, Boletín Auriense, Anexo 11. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense; Lorenzo, J. M. G. (2023). El Couto Mixto, una aproximación historiográfica. Minius, (28), 75-99; Lorenzo, J. M. G. (2023). El Couto Mixto, una aproximación historiográfica. Minius, (28), 75-99; Valle, I. (2024). El desconocido país que existió entre España y Portugal y que ahora pertenece a Galicia. Diario 20minutos. 11/08/2024. https://www.20minutos.es/noticia/5536498/0/desconocido-pais-que-existio-entre-espana-portugal-que-ahora-pertenece-galicia/

Carta Topográfica da Galiza: Bourman, F. (1836). Carta topográfica do Julgado de Montealegre 1836. Biblioteca Nacional de España. MR/42/363. 0133287826. Licencia CC BY 4.0 o equivalente. https://catalogo.bne.es/discovery/fulldisplay?context=L&vid=34BNE_INST:CATALOGO&search_scope=MyInstitution&tab=LibraryCatalog&docid=alma991006081029708606

Fronteira Medieval Portugal/Espanha: Barros, C. (1994). La frontera medieval entre Galicia y Portugal. Medievalismo. Boletín de la Sociedad Española de Estudios Medievales, (4), 27-40

Tratado de Lisboa: García Álvarez, J. (2019). Geopolíticas de la territorialidad moderna: el Tratado hispano-portugués de Límites de 1864 y la extinción del Couto Mixto (1840–1868). Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 82, 2798, 1–35. http://dx.doi.org/10.21138/bage.2798

Documentación
Imprimir

Comentarios