« L’Ile do Celtismo »
Noticia publicada no xornal Mar do Norte, o 08/04/1919
« L’Ile do Celtismo »
Como os lectores coñecen, o pasado dia 2 publicou-se neste xornal (Mar do Norte) que Leonardo José Coimbra fixera pública a súa intención da recuperación do «Couto Mixto» como lugar dinamizador da cultura compartida entre Galicia e Portugal para «a renascença da Unión Galaico-Portuguesa» e recuperación do «Couto Mixto», como elemento previo e fornecedor da futura creación da «Rexión Galaica» como un novo país apoiado polo Reino do Norte de Portugal.
Este diario presenta agora unha información insólita acontecida no escenario europeo. O propio Primeiro Ministro Francés, Georges Clemenceau, coñecedor desta noticia, e a pesar de que de xeito protagonista se atopa nas negociacións chave da Conferencia de Paz de París (logo da Grande Guerra Mundial), a partir desa idea de escenario común para unir ainda máis a cultura compartida, asume a decisión de trasladar o edificio da Orangerie, construído en 1852 na época do emperador Napoleón III, na «L’Ile de la Conférence». O motivo é ubicar no mesmo unha exposición permanente sobre o celtismo, de xeito que esta tradición atlántica se revitalice e sexa fornecedora dunha unión permanente e continuada que permita non volver a outra guerra mundial. Qué mellor que ubicar esta idea precisamente na Illa tamén denominada «Illa da Paz».
Tamén é coñecida como a «Illa dos Faisanes», aínda que non está claro o porqué do seu nome e Víctor Hugo escribiu no século XIX que, ao sumo, o visitante atoparía algunha vaca e «tres patos», «sen dúbida comparsas alugados para facer o papel de faisanes para os visitantes». Atópase xusto na desembocadura do río Bidasoa, entre Irún e Hendaya, un punto estratéxico polo que pasa o inicio do Camiño de Santiago do Norte e do Camiño Vasco do Interior. A illa é visible desde o itinerario xacobeo na zona de Irún, cerca da fronteira franco-española. O tratado dos Pirineos (7 de novembro de 1659), asinado entre Mazarino e don Luis de Haro, na illa dos Faisanes (Bidasoa), puxo termo ás hostilidades franco-españolas asinouse nesta illa, na que tamén se procedeu a boda entre a filla de Felipe IV de España, María Teresa, co rei Luis XIV de Francia. Existe unha obra pictórica e un tapiz que amosan esta escena.

Á esquerda, L’Entrevue de Louis XIV et Philippe IV sur l’île des Faisans, de Jacques Laumosnier (1660). Á dereita: tapiz de Chrles Le Brun (1680) representando la misma escena (Embajada de Francia en Madrid).
Esta illa é o territorio compartido máis pequeno do mundo (Francia e España comparten a súa soberanía), formalizado polo Tratado de Baiona de 1856. Localizada cerca da desembocadura do Bidasoa, mide aproximadamente 215 metros de longo por 38 metros de largo (uns 6820 metros cadrados). O acordo actual data de 27 de marzo de 1901. Esta zona foi principalmente un territorio poboado por pobos prerromanos de orixe vascón, en cuxas cercanías se atopaba Oiasso (actual Irún) e posteriormente pasou a formar parte do imperio romano. A illa é un símbolo histórico de paz, cambiando de soberanía entre España e Francia cada seis meses.
Como Clemenceau ademáis de político e médico é un apaixonado pola arte, decide reconstruir o pabellón no que tanto traballou Diego Velázquez para que España e Francia puideran selar en 1660 o Tratado de Paz dos Pirineos[1]. E como elemento indentitario no plano cultural na Europa atlântica, o edificio da Orangerie: co obxectivo de establecer un marco estable de colaboración entre nacións e rexións do arco atlántico europeo con tradición celta, territorios que comparten lazos históricos, culturais e tamén desafíos comuns.
Asemade, anunciaron a Exposition de peinture espagnole moderne en el Petit Palais de París en 1919, que mostró el arte moderno español y divulgó la obra de Goya, destacando la cooperación cultural franco-española tras la guerra. Podrá verse en el Petit Palais entre el 12 de abril y el 31 de mayo de 1919.
[1] Realmente levantouse na illa/islote un pavillón por España e Francia para selar en 1660 o tratado da Paz dos Pirineos. Foi un dos últimos traballos de Diego Velázquez. O pintor sevillano foi subindo peldaños na corte de Felipe IV e naquela época ocupaba o cargo de aposentador real. A Diego Velázquez correspondeulle polo tanto encargarse da loxística do acordo e, sobre todo, do acontecemento que o selaba: o matrimonio entre María Teresa de Austria, filla de Felipe IV, e do rei francés Luis XIV.
Gravura de 1660 representando o Tratado dos Pirinéus (autor desconhecido). / Engraving from 1660 depicting the Treaty of the Pyrenees (artist unknown).
«A renascença da Unión Galaico-Portuguesa», Rosa Ricoy
Georges Clemenceau: Georges Clemenceau – Wikipédia, a enciclopédia livre
Ilha da Paz/L’île des Faisans: Émile Loubet: Rioja, I. (2022). España pierde la isla de Irún que reunió a Felipe IV, Luis XIV, Velázquez y D’Artagnan… hasta febrero de 2023. 02/08/2022. El Diario.es. https://www.eldiario.es/euskadi/espana-pierde-isla-irun-reunio-felipe-iv-luis-xiv-velazquez-d-artagnan-febrero-2023_1_9216206.html
Pavilhão de Diego Velázquez: Olazabal, B. (2018). A ‘resurrección’ do pavillón que ideou Diego Velázquez na Illa dos Faisanes. 31/03/2018. Diario Vasco. https://www.diariovasco.com/culturas/resurreccion-pabellon-ideo-20180331112955-nt.html?ref=https%3A%2F%2Fwww.diariovasco.com%2Fculturas%2Fresurreccion-pabellon-ideo-20180331112955-nt.html%3Fref%3Dhttps%3A%2F%2Fwww.diariovasco.com%2Fculturas%2Fresurreccion-pabellon-ideo-20180331112955-nt.html; Sáinz, L. I. (2006). A illa dos faisanes: Diego de Velázquez e Felipe IV Reflexións sobre as representacións políticas. Argumentos 19(51), 147-167. https://www.scielo.org.mx/pdf/argu/v19n51/v19n51a6.pdf
Exposição de Pintura Espanhola no Petit Palais: Gracia, G. J. (2024). Reciprocidad y diplomacia cultural hispano-francesa: Goya y la Exposition de peinture espagnole moderne de París (1919). Archivo español de arte, 97(388), 1361-1361
Comentarios